CELEBRAMOS O DÍA DA FAMILIA NA AULA DE 3 ANOS

Os nenos e nenas de 3 anos crearon, con moito entusiasmo, un marco para poñer unha foto de familia.
















¡PARABÉNS ÁS FAMILIAS E MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!

3ª FESTA DE ANIVERSARIOS NA AULA DE 3 ANOS

OLIVER, XOEL, HUGO, SOFÍA LÓPEZ, DAVID E ALBA celebraron os seus aniversarios convidándonos a unha rica tarta e diferentes aperitivos. Recibimos agasallos por parte deles e eles levaron un libro con debuxos feitos polos nenos e pola mestra.¡ Pasámolo moi ben!

















¡ PARABÉNS A TODOS/AS E MOITAS GRAZAS!

CELEBRAMOS O DIA DAS LETRAS GALEGAS NA AULA DE 3 ANOS

Este ano está adicado á escritora e mestra María Victoria Moreno. Coñecémola un pouquiño a través de internet e de libros e decoramos un marcapáxinas .



VIAXE EN TREN

No mes de maio, os nenos e nenas de 3 anos viaxaron ,cos seus compañeiros/as de infantil, en tren a Monforte de Lemos para visitar o MUSEO DO FERROCARRIL. Foi todo moi novedoso e pasárono moi ben.