TRABALLOS DOS RETOS

Este trimestre traballamos 2 retos: "TOCA CUIDARSE E COAS MANS NA MASA". 


 Móstrovos  imaxes dalgunhas actividades feitas:

- Estampacións con froitas do outono molladas en témperas: comprobamos texturas, olores...e falamos da importancia da boa alimentación para á nosa saúde e para o bo funcionamento do noso corpo.








 Decoramos unhas magdalenas








Tamén decoramos castañas, traballamos coas follas do outono...






SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE

 













DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Falamos un pouco sobre este tema e fixemos uns chaveiros para colgar na nosa mochila e manifestar que estamos en contra de todo tipo de violencia.













FESTA DE SAMAÍN

 E para rematar o samaín, caracterizámonos de personaxes terroríficos e a ANPA do noso cole organizou unha festa para todos os nenos do cole, na que comemos doces e pasámolo xenial.



















MOITAS GRAZAS A ANPA POLA VOSA COLABORACIÓN!


CONTACONTOS TERRORÍFICOS

 O profe Gonzalo de 5º de primaria baixou a 4 anos para contarnos un conto terrorífico....






A profe Ana tamén subiu a 5º de primaria para contar unha historia...de moito medo!