INDÓMITAS

 Viaxamos á Sede "A Fundación", en Lugo, para coñecer o traballo de mulleres valentes, abrindo camiños nada fáciles a partir das súas diferentes profesións.




























OBRADOIRO: "FAI CLICK AO TEU BOCATA"

 É un programa creado pola Consellería do Mar, co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre os nenos/as, ademais de  equilibrar e incidir nas súas dietas alimentarias.

Fixemos un taller no que pintaron o seu bocata, elexindo os 3 alimentos preferidos. Para rematar agasalláronos cun bocata e un estoxo para gardar a comida.

MOITAS GRAZAS!





















CELEBRANDO O SAMAÍN

Celebramos esta festa e pasámolo "de medo".

- Vestímonos con disfraces terroríficos.




- Na casa, xunto coas nosas familias, fixemos manualidades para decorar o noso patio.






- Confeccionamos adornos para as cabezas.











- Un grupo de nenos/as de 5º de primaria viñeron á nosa aula contarnos contos terroríficos, inventados por eles.





- A ANPA invitounos a unha festa que celebramos xunto aos nosos/as compañeiros/as de 3 e 4 anos. 





PASÁMOLO XENIAL! MOITAS GRAZAS!

FESTAS DE SAN FROILÁN

 No primeiro reto do curso coñecemos a nosa cidade, aprendemos moitas cousas, entre elas, que unha das festas mais importantes da nosa cidade é: O San Froilán. 

Pintamos un polbo, comida típica desta festa.




- Pintamos unha lámina con ceras negras e logo debuxamos con palillos a festa da nosa localidade.