¡ NORABOA AOS NOVOS SOCIOS !
VISITA Á BIBLIOTECA
Hoxe un grupiño de nenos e nenas de 5 anos achegáronse á biblioteca municipal para disfrutar da lectura e facer o seu carné de lector.
A CHEGADA DO ENTROIDO
Coa chegada do entroido na aula de 5 anos fixéronse actividades e manualidades coas que nos divertimos e adornamos a nosa clase.
Ademais o xoves pola tarde disfrazámonos e disfrutamos dunha festa con animación e dunha chocolatada con biscoitos.
Ademais o xoves pola tarde disfrazámonos e disfrutamos dunha festa con animación e dunha chocolatada con biscoitos.
O venres pola mañá desfilamos coa comparsa que elaboramos na clase e que supuxo o remate do reto sobre a IDADE MEDIA .
Un biquiño para o noso trovador , Nicolás, que ese día non nos acompañou.
MOITOS BICOS PARA TODOS E MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.
DÍA DA PAZ NA AULA DE 5 ANOS
Para conmemorar o DÍA DA PAZ os nenos e nenas de 5 anos decoraron unha pombiña utilizando pintura de dedos de diferentes cores.
Disfrutaron moito e intentaremos que todos os días sexan días de PAZ.
A CHEGADA DO INVERNO
Os nenos e nenas de 5 anos déronlle a benvida ao inverno elaborando un boneco de neve. Para chegar ao resultado final tiveron que empregar diferentes materiais e tamén recortar, colorear e pegar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















































