FESTA FIN CURSO

 A ANPA do cole organizou unha festa para todos os peques na que comemos unha merendola e tivemos o pracer de contar co MAGO RAFA e asistir a unha actuación de maxia.















MOITAS GRAZAS!



3ª FESTA DE ANIVERSARIOS

Celebramos os aniversarios dos nenos/as que cumpriron anos durante o 3º trimestre e que cumpren durante o verán: WIAM, CATALINA, ARTAI, SAMUEL, ANTÍA, SALMA, DAVID, MARTÍN, MARIO, MALAK E LEO que nos convidaron a uns doces e aperitivos moi ricos,  agasallos a todos. Tamén bailamos, xogamos con globos, cantamos, prepararon as súas coroas...

Pasámolo xenial !



















PARABÉNS E MOITAS GRAZAS!



VISITA A CÓRAX FAUNA


 É un centro educativo de fauna que promove actividades lúdico-formativas. Dispón de mais de 50 especies diferentes: leóns, tigres, lobos, suricatos, monos, linces, tartarugas, londras...Todas as actividades fomentan o respeto, a curiosidade e o amor pola natureza traballando coas emocións que proporciona a proximidade aos animais.

Pola mañá , observamos as distintas especies, coñecemos as súas características e tocamos tartarugas, comemos e, pola tarde, participamos nun obradoiro sobre os animais que vimos. Puidemos observar, tocar...ovos, pelos dos animais, ósos...e xogamos a adiviñar animais a través de distintas pistas.


































 
















PASÁMOLO MOI BEN!