1- Atención e comprensión lectora: ler o conto e facer preguntas sobre él.
2-Discriminación auditiva:
2.1.Recoñocer o son e pronuncialo colocando ben os beizos, os dentes e a língua. Debe pronunciar ben o son, non o nome da letra.
2.2. Nomear as palabras do conto que teñen esa letra.
2.3.Buscar o son no seu propio nome , no dos nenos/as da clase e noutras personas.
2.4. Nomear animais , prantas , xoguetes, partes da casa, ...que teñan esa letra. Aquí podemos buscar se a levan de primeira, de última, no medio da palabra...
2.5. Xogar ao "veo, veo".
3- Discriminación visual:
3.1. Presentamos a minúscula e a maiúscula, sempre seguindo a direccionalidade e comezando no punto vermello.
3.2. Mirar contos e buscala.
3.3. Recoñecela en poesías, adiviñas... e calquer outro tipo de texto.
3.4. Para facilitar a discriminación visual da letra, podedes xogar con letras magnéticas e outros materiais que permiten sentir as curvas e as líneas das letras (o neno/a pasará o dedo pola letra).
3.5. Podedes xogar a "buscar letras", o xogo consiste en : agochar varias letras e os peques teñen que atopar a letra "J"; vós guiarédelos decíndolles "quente, quente" (se están preto) e "frío, frío" (se está lonxe).
3.6. Outro xogo: "Adiviña letras": nunha folla debuxamos partes dunha letra de xeito que, o peque poida adiviñar que letra é e compretar o debuxo.
4- Repasar, co dedo índice, a letra seguindo a direccionalidade.
5- Antes de facer a letra en papel, que a fagan no aire co dedo índice, en area, con pintura de dedo, plastilina,... estas son experiencias sensoriais moi importantes para os peques.
6- Introducir os sons coas vogais: xogaredes a decir palabras que empecen por: ja, je, ji, jo, ju.
7-Ler palabras que conteñan estas sílabas e outras dadas (jamón, José...).
8-Para que os nenos/as recoñezan cantas sílabas contén unha palabra, podedes xogar a facelo con palmadas ( exemplo: ja-le-o tén 3 sílabas e daremos unha palmada por cada sílaba).
8- Cando o neno/a lea sílabas e palabras pode comezar lendo frases.
9-Se tedes na casa alfabeto móvil, letras magnéticas ou de calquera outro tipo, poden formar: sílabas, palabras e logo frases coas letras dadas. Se non dispoñedes de letras, podedes escribir sílabas en trozos de papel e que vaian formando palabras e frases.
Aquí déixovos fichas para que fagan:
Escuchar y memorizar la poesía.
Aprender el trazo de la letra "j" y repasar las letras punteadas.
Repasar las líneas discontinuas de las flores y tachar las que no tienen la letra "j"