Este ano, a cada curso tocoulle representar unha peli e , na nosa aula, como estábamos traballando o reto de Exipto, representamos " o príncipe de Exipto". Disfrazámonos de faraóns e princesas exipcias. Foi moi interesante e motivador porque os nenos e nenas participaron moito na confección dos disfraces.
- Pintaron os Nemes
- Decoraron o colar, chamado usej
- Modelaron bolas de plastilina para facer as pedras do ang, o amuleto. Logo barnizárono con cola branca para fixar mellor as boliñas .
E...así quedou o noso traballo
Para rematar, desfilamos saíndo do cole á praza Agro do Rolo , onde nos agardaban os nosos compañeiros de infantil e primaria.
PASÁMOLO XENIAL!
Na aula tamén decoramos unha máscara de lince ibérico