Os nenos e nenas de 3 anos adaptáronse ben á dobre situación que lles tocou vivir. Por unha banda, ao período de adaptación e , por outra, á situación de pandemia actual.
Estos primeiros días, investigamos, experimentamos, descubrimos... Pouco a pouco, foron adquirindo novas rutinas; mediante o xogo, coñeceron aos seus compañeiros, exploraron a clase, coñeceron e xogaron nos seus recunchos, escoitaron e miraron contos, pintaron, saíron ao patio e xogaron, viron as súas pelis preferidas, aprenderon cancións para: saudar, os días da semana, para facer a fila, recoller os xoguetes, lavar as mans...; traballamos as emocións, tan importantes neste período...
Son un exemplo a seguir porque se adaptaron moi ben ás normas que nos impón a pandemia. Estos días foron moi positivos para todos.
Aquí vos deixo unha mostra
NORABOA CAMPEÓNS!