Resultou un taller moi interesante no que elaboramos arañas de tres tipos:
- As primeiras que fixemos foron unhas arañas doces que degustamos todos xuntos á volta do recreo.Foron elaboradas con galletas,gominolas,lacasitos e tona.
- En segundo lugar fixemos arañas empregando un caramelo, limpa pipas e ollos móbiles . Utilizámolas para decorar.
- Por último elaboramos outras arañas,tamén para decorar, empregando limpa pipas,ollos móbiles e cola líquida.
Aquí tedes unhas fotos para o recordo. Agardo que vos gustase a idea.
Lara, unha nena da clase de 5 anos, convidounos a unhas galletas de Samaín que elaborou na súa casa coa súa nai. Moitas grazas,estaban moi ricas.
E para rematar a celebración do Samaín no cole chegou unha pantasma que nos propuxo :TRUCO OU TRATO. Asustounos un chisco pero ... pasámolo ben.