Para realizar esta manualidade recortaron ,pintaron e escribiron unha dedicatoria.
2.- Tamén tivemos a visita dun contacontos. Neste caso a actividade realizámola cos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos. Unha visita moi agradable que nos fixo rir e disfrutar co "Cociñeiro Martiño"
3.- Na clase falamos dunha festa celta que conmemoraba a chegada da primavera,OS MAIOS.
E para que quedase un recordo completo , as mestras de infantil preparamos un maio que decoramos entre todos nós e algúns nenos e nenas de primaria.
Na clase de 4 anos pintamos uns aros de diferentes cores e aprendemos unha breve cantiga dos maios que recitamos no horto escolar con motivo da semana das Letras Galegas e das festas de San Cidre que se celebran no noso barrio.