A ANPA do colexio organizou unha gran festa con comida e xogos para todos/as.
MOITAS GRAZAS A ANPA DO COLE!!!
A ANPA do colexio organizou unha gran festa con comida e xogos para todos/as.
MOITAS GRAZAS A ANPA DO COLE!!!
Os profes do cole fomos a diferentes clases contar un conto. A profe Esther veu á nosa clase e eu fun á clase de 3 anos .
PASÁMOLO MOI BEN!!!
Na aula de 5 anos fixemos un obradoiro de manualidades cos nenos e nenas de 4º de primaria e co profe Óscar. Dividimos as clases en 2 grupos e creamos unhas carautas de cabazas.
O resultado final ..... sorprendente!!!
O préstamo de libros conleva unha serie de beneficios:
- Esperta nos nenos/as o interés pola lectura.
- Implícase ás familias no proceso educativo, posto que son os que lle van ler o conto e traballar sobre él.
- Fomenta a responsabilidade do neno/a, pois tén que coidalo e lembrarse de devolvelo na data indicada.
- Desenvolve á súa autonomía e capacidade crítica, ao elexir o que máis lle guste.
Por todo o anterior, no noso cole lévase a cabo esta iniciativa de préstamo de libros do seguinte xeito: cada 15 días imos á biblioteca do cole para coller o noso conto preferido, o director encárgase de rexistrar o libro, día que se leva e o que se trae de volta. Levámolo prestado para a casa, pasado ese tempo traémolo ao cole e collemos outro para seguir o mesmo procedemento.